luns, 27 de maio de 2019

Petróleo

Hoxe, o 14 de maio de 2019, vivimos o pico do prezo do petróleo nos últimos cinco anos. As causas? A falta de petróleo de Estados Unidos e que os principais vendedores e produtores de petróleo son precisamente e por casualidade os inimigos históricos dos Estados Unidos, ou polo menos iso é o que din.

Non obstante, a pesar do feito de que a industria americana necesita petróleo en todo momento para seguir a funcionar, o presidente Donald Trump intenta alentar a estes países a exportar o seu petróleo aos Estados Unidos, pero á súa vez intenta destruílos comercialmente con tarifas e sancións de maneira unilateral.

Enumerando: Venezuela, Irán, China, Libia e por suposto todos os países do Próximo Oriente excepto Israel; Siria, Iraq, Kuwait e Afganistán, estes tres últimos ocupados polo exército dos Estados Unidos tras derrocar aos gobernos anteriores pola forza militar en dolorosas guerras e invasións que comezaron alí polo 2003.

Non podemos dicir que esta sexa só a estratexia deste último goberno, senón o de todos os anteriores: Obama, George Bush Sr. e Jr., Reagan e Clinton converteron prácticamente todos os países con reservas de petróleo en obxectivos militares en lugar de en obxectivos comerciais. Os sucesivos gobernos dos Estados Unidos optaron continuamente por enfrentarse a eles e gastar miles de millóns en armamento e estrutura militar no canto de empregar directamente ese diñeiro para comprar petróleo, o que nos tería salvado de moitas das crises do petróleo dos últimos 50 anos.

Por outra banda, non só se abandonou o Protocolo de Kioto para reducir a contaminación xurdida precisamente desta industria e este consumo perecedoiro, senón que tampouco existe ningún tipo de cambio no sistema de produción actual, e moito menos no sistema de consumo enerxético. A Industria estadounidense polo tanto segue atada ao petróleo, sen alternativa real nas enerxías renovables, que non son especialmente producidas para o usufructo industrial, senón para abaratar o custo da enerxía nos fogares particulares, especialmente nas vivendas unifamiliares.

Un proceso que beneficiaria comercialmente a todas as partes e faría máis sinxela a cooperación económica mundial sería que os países máis masivamente industrializados e dependentes desta substancia equilibrasen ese sistema de explotación enerxética, para que o consumo do petróleo sexa moito menor e algo máis sustentable no tempo, para poder adaptar, primeiro os países compradores que ademáis son os máis productores do mundo como Estados Unidos, China ou Alemaña, a sistemas enerxéticos non perecedoiros como a enerxía eólica, maremotriz, xeotérmica ou solar e á redución de consumo de plásticos.

E aí chega o verdadeiro problema de todo isto: a futura reconversión industrial de practicamente todo o Medio Oriente, que a este ritmo agotará as súas reservas bastante antes de 2050, que era un dos límites que os poderes da zona puxeron para abandonar este sistema actual. Cal é o problema se hai tempo? diredes. Pois o problema é que dende os anos 40 ata hai un par de anos ca chegada de Bin Salman este problema nin se planeou, e agora que está planeado tampouco parece que esté pasando nada a nivel industrial, porque non está pasando nada.

Os saudís e outros, xa están tomando nota de que máis lles vale seguir a vender petróleo a EEUU, pra que non lles pase como a Iraq, Afganistán ou Libia. China segue ao seu rollo, agora máis ben enfocado na seguridade interna que leva un par de anos tambaleando polas diferentes protestas que foron sorxindo nos enclaves exteriores e menos dependientes de Pekín, como en Hong Kong e na comunidade china exiliada.


Ningún comentario:

Publicar un comentario